Sunday 28 de April de 2024

A campiona nacional María Jesús Gestido e David Santos reinan no podio da XX Carreira Popular de Ordes


A competición englobada no cirucuíto puntuable da comunidade galega rexistrou a máis de medio millar de atletas inscritos de todas as idades

A vila de Ordes convirtiuse hoxe nunha gran pista de atletismo grazas á XX Carreira Popular que o Concello organizou unha vez máis. Nesta ocasión, ademais, coa satisfación de ver un récord de persoas inscrias ao ver superado o medio millar de corredores e corredoras de todas as idades, que non deixaron pasar por alto esta cita englobada dentro do circuíto de competicións galegas puntuables.
Entre eles nomes propios recoñecidos a nivel nacional, como é o caso de María Jesús Gestido, campiona de maratón de España, quen se alzou co primeiro premio na carreira absoluta dentro da categoría feminina. Ao seu carón estiveron Raquel Suárez e María del Carmen Penas en segunda e terceira posición respectivamente. No caso dos homes a clasificación encabezouna David Santos, seguido por Carlos Villamor e Nuno Costa. No referente aos atletas locais os mellores clasificados foron Carlos Fernández, Pablo Raña e Alberto Candal, mentres que no caso das mulleres as protagonistas foron Ana Belén Ferreiro, Carmela Becerra e Raquel Ruibal. Jesús Bernal Gómez e María Victorina Pérez foron os premiados na categoría veteráns, mentres que Iván Vilariño e Aitana Gracía o foron como os máis xóvenes.
Novamente o Concello de Ordes quixo premiar aos grupos de atletismo local, situándose no máis alto do podio Os do alto, seguidos de Correcaminos e Coyotes. Contunuando cos recoñecementos para os da casa o CEIP Castelao alzouse co recoñecemento, traducido nunha dotación de 150 €, como o centro académico con máis participantes da competición.
Dende primeira hora da mañán a Alameda de Ordes foi punto de encontró para todos os afeccionados e corredores, sendo este o punto de partida e a meta de cada unha das probas, cuxos percorridos foron dende os 500 ata os 9.500 metros. Os premios en metálico oscilaron entre os 150, 100, 80 e 50 € para os tres primeiros clasificados das categorías individuais, clubs federados e grupos do municipio. Tamén houbo trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, así como para os tres primeiros homes e mulleres das carreiras xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos. Acompañando aos vencedores e participantes en todo momentos estiveron o alcalde de Ordes, Manuel Regos, e o resto do seu equipo de goberno onde o concelleiro de deportes, Roberto Iglesias, adquiriu hoxe un protagonismo especial.
Un ano máis o Concello de Ordes contou coa colaboración de importantes firmas comerciais da zona para levar a cabo esta competición. Cabe mencionar Infantilandia, Cola Cao, Carnicería Enrique, Seguros Reale, asesoría Jaime Castro, Pazo Bidueiro, Feiraco, Nocilla, Gadis e Eurofrut, ademais de Cruz Vermella Ordes.